O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade o vindeiro venres día 10 de decembro. A compañía “A Xanela do Maxín” representa a obra titulada “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, espectáculo de monicreques e música en vivo. Esta actividade está promovida dentro do programa Tornar ás táboas da Deputación Provincial de Pontevedra.