O Concello de Rodeiro subscribiu un convenio de colaboración coa Escola de Tempo Libre Fesan para a realización de prácticas non laborais do alumnado que realizou o curso de monitor de tempo libre o cal se desenvolveu en Rodeiro entre os meses de xaneiro e maio.
O período de prácticas terá unha duración de 150 horas e, ata o momento, están planificadas as prácticas de catro alumnas, as cales se integrarán progresivamente en diferentes actividades e recursos de carácter educativo e lúdico cos que conta o Concello actualmente como son o Punto de Atención á Infancia e as actividades de apertura do CPI fóra de horario lectivo. Dúas alumnas tamén se integrarán no campamento urbano que se celebrará no verán.