
Con Sabor Labrego buscamos poñer en valor e promover as potencialidades do sector agroalimentario. Pretendemos destacar a excelencia das diferentes producións alimentarias de economía social, agroecolóxicos, de pequenas escala, etc. En definitiva, pretendemos poñer o foco en diferentes produtos de calidade diferenciada coa finalidade ampliar a oferta e fomentar o consumo.
Ao mesmo tempo, a produción agroalimentaria e un aliciente turístico a seguir explotando no interior da provincia de Pontevedra. Promover que persoas de outras latitudes se acheguen a Rodeiro para descubrir un entorno produtor de alimentos, alimentos con sabor, granxas diversificadas, proxectos de transformación pode chegar a ser un aliciente para vir visitarnos.
Por suposto destacamos a produción de leite e carne de vacún, mais tamén, debemos reforzar outras produción que poden xerar riqueza a nosa localidade como pode ser o mel, castaña, cogomelos, horta, a transformación, o silvopastoreo, etc.
En definitiva, temos un territorio que pode xerar maiores recursos para a economía familiar e dende a administración local queremos traballar no seu impulso e promoción.
Coa finalidade de executar o anteriormente exposto destacamos as numerosas propostas que abranguen a totalidade do ano con charlas, obradoiros, cursos, impulso organizativo en defensa dos recursos alimentarios locais, etc.