Skip to main content
Novas

Convocatoria de becas e axudas ao estudo do Ministerio de Educación para o curso 2025/2026 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios

By 9 Maio, 2025No Comments

Recordamos que o vindeiro 14 de maio ás 15:00 h. remata o prazo para a tramitación das becas xerais para o vindeiro curso do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes e do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artísticas e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.
A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Nesta web atópase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación estamos á vosa disposición no servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009.