
Concurso de mini-hamburguesas nos bares e restaurantes de Rodeiro.
En Rodeiro contamos coa materia prima principal para a elaboración de hamburguesas de gran calidade motivo polo que impulsamos este concurso gastronómico.
Un dos condicionantes é o de que a hamburguesa ten que levar carne de tenreira galega suprema ou de vaca. Tamén se valorara o resto de ingredientes empregado, a calidade da elaboración e a presentación.