Skip to main content
Novas

Actuación do mago Dani García

By 28 Xullo, 2014No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha xornada de maxia o vindeiro día 31 de xullo ás 20:00 horas na Praza da Avda. Aviador Gumersindo Areán (ou Praza da piscina). Actuará o mago Dani García representando o seu espectáculo “Don Gelati”. Este mago foi varias veces premiado en Europa e Estados Unidos. Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2014, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Leave a Reply