Skip to main content
Novas

Clases de Zumba

By 14 Febreiro, 2014No Comments

O Concello, sensible á demanda amosada por numerosos veciños interesados na práctica desta nova e popular modalidade deportiva, vai impartir esa formación nas instalacións do ximnasio/pavillón municipal de Rodeiro, coas seguintes características :
Modalide deportiva : ZUMBA
Idade mínima : 16 anos
Período das clases : marzo a decembro de 2014, ambos inclusive.
Calendario : 2 horas por semana : luns e venres, de 22:00 a 23:00 horas.
Prezo : 20 € mensuais

Os interesados en participar en dita actividade deberán cumprimentar a correspondente ficha de inscrición, no modelo anexo, e entregala no Concello ou no ximnasio municipal.

O día 28 de febreiro (venres) será impartida unha clase gratuíta na que poderán participar todos os interesados en coñecer e familiarizarse con esta modalidade deportiva.

Para calquera información complementaria poderán dirixirse ao monitor deportivo municipal (Ovidio – tfno. 600584515)

Leave a Reply