Vindeiro mércores día 9 de decembro desenvolveremos o terceiro taller dentro do Proxecto Equal Camba IV, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra; esta sesión centrarase no traballo da xestión emocional en mulleres da nosa comunidade.
A actividade desenvolveras, coma nas anteriores semanas, no salón de actos do centro cultural municipal en horario de mañá para así permitir a participación de mulleres con crianzas que nese momento están no centro educativo e correrá a cargo da educadora social experta en igualdade e xénero, Noelia Rodríguez Álvarez. Para acudir é preciso inscribirse previamente no Servizo de Educación Familiar (986790009, educadora@rodeiro.gal) polo reducido número de prazas existente, tanto para esta coma para a seguinte sesión. Neste momento temos 4 prazas libres.
Durante a realización da actividade gárdanse tódalas medidas de seguridade precisas na prevención de contaxio ante a Covid 19.