– Aprobación dos borradores das actas das sesións anteriores.- Aprobáronse por unanimidade.
– Acordo sobre a procedencia, no seu caso, da cancelación e devolución do aval presentado pola empresa Enerfín S.A. como garantía da reposición de pavimentos e servizos urbanísticos que puideran resultar afectados por mor das obras dos parques eólicos.- Aprobouse pola maioría de cinco votos a favor (grupo municipal do Partido Popular e Sr. alcalde co seu voto de calidade) e cinco en contra (grupos municipais socialista e mixto).
– Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á adopción de medidas de aforro e austeridade no gasto público nas Corporacións Locais.- Aprobouse por unanimidade.
– Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á entrada en vigor da Lei 9/2008, do 28 de xullo, de medidas tributarias sobre sucesións e doazóns.- Rexeitouse pola maioría de sete votos en contra (grupos municipais socialista, Independentes de Rodeiro e mixto) e catro votos a favor (grupo municipal do Partido Popular).
– Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á reforma urxente da financiación municipal.- Rexeitouse pola maioría de seis votos en contra (grupos municipais socialista e Independentes de Rodeiro), catro votos a favor (grupo municipal do Partido Popular) e unha abstención (grupo municipal mixto).
– Moción conxunta dos grupos municipais do Partido Popular e mixto relativa á organización das finanzas municipais.- Aprobouse por unanimidade, con modificacións.
– Moción do grupo municipal mixto sobre o arranxo do camiño do “Chivadeiro”.- Aprobouse por unanimidade.