Skip to main content
Novas

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autoriza a desafectación de oito vivendas dos mestres do CPI de Rodeiro

By 5 Novembro, 2008No Comments

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dictou con data 30 de outubro do corrente unha resolución pola que autoriza a desafectación de oito das dezaseis vivendas actualmente existentes e dedicadas a casa-habitación dos mestres do CPI de Rodeiro. As vivendas desafectadas son as sinaladas cos números 14, 16, 18, 20, 22, 24, 26 e 28, con fronte á rúa B de Rodeiro. A desafectación realízase a petición do Concello, quen a solicitou por acordo do Pleno de data 28 de decembro de 2004, acordo que foi reiterado na sesión de data 31 de agosto de 2007.

Leave a Reply