Skip to main content
Novas

Convocatoria de sesión ordinaria do Pleno do Concello para o vindeiro venres día 31 de outubro de 2008

By 28 Outubro, 2008No Comments

O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 31 de outubro de 2008, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior.
2. Acordo sobre a procedencia, no seu caso, da cancelación e devolución do aval presentado pola empresa enerfín s.a. como garantía da reposición de pavimentos e servizos urbanísticos que puideran resultar afectados por mor das obras dos parques eólicos.
3. Moción do grupo municipal do partido popular relativa á adopción de medidas de aforro e austeridade no gasto público nas corporacións locais.
4. Moción do grupo municipal do partido popular relativa á entrada en vigor da lei 9/2008, do 28 de xullo, de medidas tributarias sobre sucesións e doazóns.
5. Moción do grupo municipal do partido popular relativa á reforma urxente da financiación municipal.
6. Moción conxunta dos grupos municipais do partido popular e mixto relativa á organización das finanzas municipais.
7. Rogos e preguntas.

Leave a Reply