O Tribunal cualificador reunido no día de hoxe procedeu á valoración dos méritos dos aspirantes para a provisión da praza de administrativo-encargado do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” de Rodeiro, co resultado que figura na descarga asociada. Lémbrase que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o vindeiro xoves, día 13 de marzo, ás 10 horas, no salón de sesións da Casa do Concello.