O Sr. alcalde asinou no día de onte a convocatoria da sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 22 de outubro de 2010, ás 17 horas da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1º APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO PARA O EXERCICIO DE 2010.
2º RESOLUCIÓN DAS DISCREPANCIAS EN RELACIÓN AOS REPAROS FORMULADOS POLA INTERVENCIÓN MUNICIPAL POR FALTA DE CRÉDITO NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DE CONTRATACIÓN DAS SEGUINTES OBRAS :
– AS INCLUÍDAS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN (PPC), ANUALIDADE DE 2010.
– AS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA SUBVENCIONADAS POLO INEGA (EXPTE. NÚM IN417P/09A06714)
Na descarga asociada poderedes atopar un resumos dos gastos e ingresos correspondentes ó presuposto de 2010.