Skip to main content
Novas

Exposición: dereitos humanos en Mozambique

By 28 Abril, 2021No Comments

A Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro solicitou ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a exposición sobre “Dereitos humanos en Mozambique”.

O fotoxornalista vigués Adrián Irago gañou en 2016 a terceira edición do certame Imaxes con Fondo, cuxo premio consistía nunha viaxe a Mozambique para retratar a realidade do país e os proxectos de cooperación internacional financiados polo Fondo Galego. Daquela experiencia xurdiu esta exposición, estreada tras a conmemoración do 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

A exposición consta de cinco cubos de catro caras  cada un, de 1,20 m x 1,98 m. Pode verse na Praza do Parque desde o día 28 de abril ata o día 15 de maio.

Para máis información:

https://fondogalego.gal/sensibilizacion/exposicions/dereitos-humanos-en-mozambique/