Convocatoria de proceso selectivo para a provisión laboral temporal de tres postos de traballo de auxiliares de axuda no fogar.

Por 4 Maio, 2021 Novas

A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión realizada o día 16 de abril de 2021, acordou aprobar as Bases que rexerán a convocatoria do proceso selectivo para a provisión laboral temporal de tres (3) prazas de auxiliar de axuda no fogar: dúas (2) a xornada completa e unha (1) a xornada parcial (20 h./semana).

Os interesados/as en participar na selección deberán presentar a instancia, no modelo oficial que se contén no anexo, así como toda a documentación esixida nas Bases, tanto a preceptiva como, no seu caso, a susceptible de ser valorada como mérito, con data límite do día 11 de maio de 2021 (incluído).

ANUNCIO_SAF 2021 (pdf)

Bases-SAF-2021 (pdf)

Solicitude 3SAF (pdf)