Para comezar a semana adicada á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, trasladouse ao CPI de Rodeiro a exposición creada coas fotografías presentadas ao concurso “A muller rural: de onte e de hoxe” para que a través das distintas imaxes se poida reflexionar tanto alumnado coma profesorado sobre os cambios na situación da muller en Rodeiro ao longo das últimas décadas, a evolución dos empregos e dos tempos de ocio.