Skip to main content
Novas

Anuncio de publicidade da axuda concedida pola Deputación de Pontevedra para a contratación de desempregados ao abeiro do Plan de activación do emprego (Plan Máis Provincia 2024)

By 5 Marzo, 2024No Comments

A Deputación de Pontevedra concedeu, por acordo do día 09.02.2024, unha axuda ao Concello de Rodeiro por importe de 122.487,26€ destinada á contratación laboral de 12 desempregados/as para a prestación de servizos de competencia municipal.

Aos efectos do establecido na cláusula cuadraxésimo quinta das bases específicas que establece a obrigatoriedade de dar publicidade ás axudas concedidas, e para público coñecemento das persoas desempregadas que puidesen estar interesadas, achégase a previsión anual de incorporacións que se van tramitar a través do Servizo Público de Emprego (oficina de emprego) de acordo co calendario previsto de incorporacións.

Os servizos que se poñerán en marcha coa contratación destas persoas son os seguintes:

1. “Reforzo do servizo de vías e obras”
2. “Reforzo do servizo de conciliación e asistencia social”

Calendario anual de incorporacións, tipo de xornada e duración dos contratos (PDF)