Skip to main content
Novas

O programa “Atención ás persoas emigrantes retornadas” visita Rodeiro

By 1 Marzo, 2024No Comments

A Secretaria Xeral de Emigración pon en marcha o programa “Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas”. O obxecto deste programa é promover a inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego, cubrindo as necesidades de atención en todas aquelas áreas ou concellos que teñan máis dificultades para acceder ás sedes da Oficina de Retorno, situadas nas principais cidades galegas. Este servizo realizarase na oficina móbil que contará con persoal técnico da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.
O día 5 de marzo de 2024 visitarán RODEIRO, situándose na Avenida de Gumersindo Areán – na Plaza en horario de 9:30h a 14h.