Poderán anotarse á excursión tódalas persoas pensionistas, empadroadas no Concello de Rodeiro (un acompañante por pensionista).
Sairemos ás 08:30 horas dende a praza do Concello e regresaremos entorno ás 20:00 horas.
O prezo desta excursión é de 15 € por persoa (inclúe autocar, seguro de viaxe, visita aos lugares de Ribadeo,Praia das Catedrais e Taramundi, ademáis do xantar en restaurante dese día).
Poderán anotarse e abonala actividade, no Centro Cultural Manuel Lamazares ate o día 17 de xullo de 2018.
Para maior información poden chamar ao departamento de Servizos Sociais ou ben á Biblioteca Municipal aos teléfonos: 986 790009 e 986 790301