O vindeiro xoves, día 28, coincidindo coa feira mensual que se celebra en Rodeiro levarase a cabo unha campaña sobre a reciclaxe.
O obxectivo desta campaña é fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Para elo, todos os que se acheguen á feira poderán recibir información da man de educadores ambientais que estarán á súa disposición na carpa informativa de 10:30 a 13:30 horas.
Esta campaña está promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecoembes baixo o lema “Separar con xeito, para reciclar a feito”.