Skip to main content
Novas

Apertura de prazo para a presentación de solicitude de praza no punto de atención á infancia (pai) do concello de rodeiro para o vindeiro curso 2018/2019.

By 25 Xuño, 2018Agosto 7th, 2019No Comments

Usuarios/as: serán usuarios/as do PAI municipal, os/as menores de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos, empadroados no Concello de Rodeiro e que non estean en idade de escolarización no centro educativo.

Prezos: O custo de cada praza será de 90 € ao mes por neno/a en xornada completa e 50 € se acode en xornada parcial de mañá ou de tarde.

Documentación necesaria para o trámite (orixinal ou copia compulsada):

  • Impreso de solicitude asinado (será facilitado nas oficinas municipais e dispoñible na web municipal).
  • N.I./N.I.E. do/a solicitante.
  • Libro de Familia.
  • Xustificación dos ingresos percibidos por tódolos membros da unidade familiar no ano 2016: Declaracións de IRPF e no caso de non tela presentada deberase achegar certificación negativa e de rendementos imputables expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
  • Certificado de convivencia.
  • Outros documentos se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables para a baremación: familia numerosa, situación de desemprego, etc.

Para máis información e trámite de solicitudes, achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello (Servizo de Educación Familiar- Ana).

O prazo para a presentación de solicitudes e documentación necesaria estará aberto dende o vindeiro 25 de xuño ata o día 6 de xullo de 2018 (ambos inclusive).

Adxudicación de prazas: o número de prazas ofertadas é de 19 en cada quenda, sendo adxudicadas en función da maior puntuación acadada no proceso de baremación. En caso de empate na puntuación, priorizarase  que ambos proxenitores traballen e en 2º lugar a menor renda per cápita da unidade familiar. De existir maior demanda de solicitudes que prazas nalgunha das quendas, os/as solicitantes quedarán en lista de espera.

Solicitude PAI 2018-2019