Skip to main content
Novas

Este venres, 21 de maio, proxectarase a película Green dentro do ciclo de cine ambiental e solidario que se estivo proxectando nas últimas semanas no Centro Cultural Manuel Lamazares.

By 18 Maio, 2021No Comments

Green narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. A deforestación nos países do Sur débense fundamentalmente ao cultivo e uso de aceite de palma, un aceite vexetal que se atopa en infinidade de produtos que consumimos na nosa vida cotiá. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután, que cada día se atopa máis preto da extinción.