Skip to main content
Novas

Programa de compostaxe doméstica

By 14 Maio, 2021No Comments

O Concello de Rodeiro, ven de solicitar unha ampliación do programa de compostaxe doméstica, polo que poderán sumarse a esta iniciativa 25 novos participantes.

Este programa implantouse no ano 2014 e inicialmente contou con 30 participantes, contando a día de hoxe cun total de 78.

OBXECTIVOS:

Os principais obxectivos do programa de compostaxe son:- A reciclaxe dos residuos orgánicos para producir un abono natural con excelentes propiedades para o solo.

– Reducir o volume dos residuos producidos.

– Fomentar a reutilización dos materiais antes de convertelos en residuos.

– Fomentar a separación selectiva dos residuos en orixe.

O compost é un abono natural xerado a partir da reciclaxe de restos orgánicos. Os materiais orgánicos xerados no fogar, como os restos de comidas e podas, son introducidos nun composteiro no cal a descomposición biolóxica destes produtos produce un abono de gran calidade.

Para facer compost precísase: un espazo axeitado na horta ou xardín, un composteiro, residuos de cociña e do xardín, un aireador (pá, pincho, etc), unha pá para recoller o abono obtido e auga.

No programa de compostaxe doméstica poden participar persoas que residan nunha vivenda unifamiliar con horta ou xardín e que esa vivenda sexa o seu domicilio habitual dentro do termo municipal de Rodeiro

GRATUÍTO – INSCRICIÓN

A participación no programa é gratuíta. O Concello subministraralles a todos os interesados en participar un composteiro, para que poidan elaborar o compost a partir dos residuos orgánicos.

Para participar no programa podes inscribirte no Concello, a través da sede electrónica, ou ben a través do correo electrónico: medioambiente@rodeiro.gal.

Teléfono de información: 986790009.