Skip to main content
Novas

Publicación da resolución do alcalde aprobando a listaxe definitiva de candidatas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para a contratación de 3 prazas de auxiliar de axuda no fogar

By 19 Maio, 2021No Comments

De acordo co establecido nas bases que rexen a provisión de tres postos de auxiliar de axuda no fogar, publícase a lista de candidatas admitidas e excluídas.

En vindeiras datas reunirase o tribunal cualificador, quen será, dende este momento, o órgano colexiado competente para levar a cabo o procedemento de selección e a realización das probas establecidas nas bases. Para a súa realización os aspirantes deberán presentarse provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo, que será valorado polo tribunal. Realizarase chamamento único, polo que os que non se presenten quedarán decaídos no seu dereito, salvo os casos debidamente xustificados que resolverá o tribunal.

As datas de realización das probas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web cunha antelación suficiente. A título informativo tamén se remitirá a convocatoria das probas á dirección de correo electrónico que os candidatos indicaron na súa solicitude.

Resolución admitidas definitivo (pdf)

Procedemento selectivo