Especialistas Hípica Celta presenta “Seres fantásticos”

Por 22 Agosto, 2022 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da Compañía Especialistas Hípica Celta o vindeiro venres 26 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Concello. Presenta o seu espectáculo de rúa “Seres fantásticos”. Unha maravillosa cita infantil. Un evento onde os máis pequenos poderán ver en directo aos seus personaxes preferidos da televisión e disfrutar por todo o alto bailando, cantando e brincando con eles. Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.