Skip to main content
Novas

Odaiko presenta “Circopeta”

By 31 Agosto, 2022No Comments

Espectáculo a cargo de Odaiko “El entrañable Ruliño” (personaxe da obra de Neira Vilas) móstranos o mundo do circo rural, na compañía dos intrépidos percusionistas de Odaiko.

Un espectáculo que traslada ao público a outros tempos nos que o rural galego víase impregnado pola maxia do circo de cando en vez. O clown e os gags teatrais farán as delicias do público e arrincaranlle enormes gargalladas.

Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.