Especialista Hípica Celta presenta “A maxia do verán”

Por 16 Agosto, 2022 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da Compañía Especialistas Hípica Celta o vindeiro venres 19 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Parque. Presenta o seu espectáculo de rúa “A maxia do verán”.
Espectáculo recomendado para todos os públicos.
Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.