Obras de ampliación da biblioteca do Centro Cultural “Manuel Lamazares”

Por 22 Outubro, 2021 Novas

Estanse a acometer pola empresa adxudicataria Servium Sistemas S.L. obras de ampliación da biblioteca do Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”. As obras se realizan a través dun convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, quen achega unha subvención por importe de 40.000,00 € sobre un orzamento total do investimento de 47.190,00 €.

As obras proxectadas, tal como se describen na memoria do proxecto, consisten na execución de obras de reforma para ampliar a superficie da biblioteca do Centro Cultural Municipal, incorporando á superficie da actual biblioteca un local sen uso e un almacén do mesmo edificio, o que supón un incremento de 35,28 m2 respecto da superficie actual.