Este venres 6 de xuño desenvolverase unha nova reunión de traballo dentro do proxecto de Encontros de nais e pais. O tema principal arredor do que versará o encontro será a prevención de drogodependencias, é dicir, que factores sociais e pautas educativas poden ter en conta os pais e nais para evitar consumos abusivos e dependencia de alcol e outras substancias nos seis fill@s cando chega a adolescencia.
Entre os contidos que se traballarán están a análise de fenómenos coma o “botellón” e as drogas de síntese, indicios e comportamentos que poden determinar a existencia dun problema de abuso de substancias e a educación dende idades temperás como mecanismo eficaz de prevención de futuras situacións de drogodependencias.
O horario e lugar de celebración é o habitual, ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Para recibir máis información, contactar co servizo de educación familiar municipal (servizo cofinanciado pola Deputación de Pontevedra).
Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal