O Concello de Rodeiro organiza unha actuación co gallo da entrega dos premios do V Certame literario e artístico convocado polo Día das Letras Galegas. Terá lugar o vindeiro día 30 de maio ás 19:00 horas no Centro Cultural Municipal. A xornada iniciarase coa actuación de Hermanager Producións de Monforte de Lemos representando o seu espectáculo “Kiricreques”. E rematará coa entrega de premios literarios. Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2014, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.