Skip to main content
Novas

Visita a SOGAMA

By 5 Xuño, 2014No Comments

¿A onde vai o lixo que deixamos no contedor?

Esta pregunta podémola resolver visitando as instalacións da Sociedade Galega de Medio Ambiente, que é onde se xestiona unha parte do lixo que se xera no noso Concello.

Concretamente, ás instalacións de Sogama van os residuos do contedor amarelo e os residuos do contedor xenérico. Alí, ambos son xestionados e tratados separadamente.

O próximo 18 de xuño teredes a ocasión de visitar as instalacións de SOGAMA e coñecer de primeira man como se xestiona o lixo que se xera nos nosos fogares.

A inscrición nesta actividade pódese realizar por 3 vías:

– No rexistro do Concello

– Por correo electrónico: medioambiente@rodeiro.gal

– Por teléfono: 986790009 (Preguntar por Yolanda)

O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 de xuño.

Na actividade poden participar os maiores de 16 anos e o número de inscricións está limitado a 45 prazas.

A saída de Rodeiro será as 9:30 da Avenida Gumersindo Areán e a chegada será aproximadamente ás 19:30.

A actividade será gratuíta (O xantar de mediodía correrá a cargo dos participantes).

Recórdase aos interesados en participar, que por motivos de seguridade, durante a visita non se poderá calzar calzado aberto, chanclas, etc nin vestir pantalón e saia curta.

Leave a Reply