Skip to main content
Novas

Convocatoria de sesión ordinaria do Pleno do Concello para o vindeiro luns día 28 de abril de 2014

By 24 Abril, 2014No Comments

O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro luns día 28 de abril de 2014, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :

1.- Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.
2.- Sorteo público para a designación dos compoñentes das mesas electorais deste municipio para as eleccións ao Parlamento Europeo do día 25 de maio de 2014.
3.- Comparecencia a petición propia do concelleiro-delegado de educación, comercio, turismo e patrimonio para informar da participación do concello no salón internacional da alimentación e bebidas “Alimentaria 2014”.
4.- Moción do concelleiro Sr. Lamazares casero relativa á solicitude dunha xunta de portavoces para que o alcalde expoña a necesidade dun campo de fútbol de herba artificial.
5.- Moción do concelleiro Sr. Lamazares Casero relativa á solicitude dunha reunión de portavoces co fin de debater a problemática da rúa “A” e “B”.
6.- Moción do concelleiro Sr. Lamazares Casero relativa á rebaixa do 21 % de ive que se aplica ao sector de salóns de peiteado.
7.- Rogos e preguntas.

Leave a Reply