Este venres 24 de maio terá lugar a 4ª sesión de traballo dos Encontros de nais e pais.
O horario e lugar de celebración é o habitual, ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
O tema que abordaremos leva por título “a educación en igualdade nos nenos e nenas”, resaltando a tese de que a educación e a igualdade son dous piares fundamentais no desenvolvemento dos menores e que deben estar interrelacionados.
Unha educación en igualdade entre xéneros dende os primeiros anos de vida é a base para previr condutas discriminatorias e, incluso, violentas, na adolescencia e na idade adulta.
Para recibir máis información, contactar con Ana Rodríguez, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal