A Consellería de Traballo e Benestar convoca unhas axudas económicas de 250 € para aqueles mozos e mozas que desexen obter o permiso de conducir B.
Os requisitos principais para os solicitantes son:
a. Ter entre 18 e 30 anos.
b. Ser titular do carné xove
c. Estar matriculado nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou estar en posesión do permiso de conducir con data posterior ao 1 de xaneiro do ano 2013.
d. A unidade familiar non ter ingresos superiores a entre 2,5 e 3 veces o IPREM
O prazo de solicitude xa está aberto e remata o 1 de outubro de 2013.
Para recibir máis información sobre esta axuda ou realizar os trámites de solicitude da mesma: educadora@rodeiro.gal, tfno.: 986790185 (preguntar por Ana).
Máis información na ligazón recomendada.