Skip to main content
Novas

Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero

By 28 Maio, 2013No Comments

O obxecto desta axuda é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, a través das axudas previstas na lei orgánica, e facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial, ditada por xulgados e tribunais con sede en territorio galego ás indemnización previstas na lei galega.

Tipos de axudas:
1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia; no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer as indemnizacións fixadas mediante sentenza xudicial.

Requisitos xerais :
a. Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero.
b. Non convivir co agresor.
c. Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d. Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Establécense ademais, outros requisitos de carácter específico; para optar a cada tipo de axuda.

Prazo de presentación:
• Ata o 30 de novembro de 2013 para o caso das axudas.
• Ata o 31 de outubro de 2013 para o caso das indemnizacións.

Leave a Reply