Skip to main content
Novas

Educación para a saúde

By 16 Xaneiro, 2009No Comments

Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha un proxecto de Educación para a saúde, encadrado dentro do programa de educación familiar que está desenvolvendo o citado organismo. O proxecto conta coa estreita colaboración do CPI de Rodeiro e do seu profesorado.
Desenvolverase ata xuño e diríxise, fundamentalmente, ó alumnado que está cursando ESO. A través desta iniciativa traballarase cos adolescentes temas coma a prevención de drogas, educación afectivo-sexual, desenvolvmento de habilidades sociais básicas, prevención ante o contaxio de VIH, adolescencia e cambios… trátase de sesións integradas no horario de titorías grupais co que conta cada grupo-clase na ESO.
Este proxecto é unha iniciativa de prevención que ten como principal finalidade anticiparse e actuar antes de que aparezan posibles conductas de risco, de cara a que as mesmas non se consoliden, reducindo así as consecuencias das mesmas.
Trátase de apostar, ademais, por actividades con unha continuidade no tempo, de cara a aumentar a eficacia das mesmas, coordinadas e con uns obxectivos claros, concretos e contextualizados.

Leave a Reply