Este venres 16 de decembro ás 14:00 horas ponse en marcha un proxecto dirixido a adolescentes entre 12 e 17 anos que se denomina “Tempo de Gañar”.
Esta iniciativa tén como obxectivos crear un espazo de ocio saudable e participativo, ademais de traballar para sensibilizar en valores democráticos e incidir en aspectos como a conciencia crítica, autoestima, presión grupal, igualdade de xénero… todos eles puntos moi importantes de cara a favorecer un desenrolo adecuado na etapa adolescente e previr posibles situacións de risco.
Entre as actividades están a preparación dunha obra de teatro de temática actual e social, relacionada coa igualdade e acoso escolar (para o que se contará coa colaboración da asociación Teatro Secundario de Lalín), videofórum, dinámicas grupais, ginkanas… Sempre intentando acadar a maior implicación dos xóvenes xa non só na participación, senón tamén na planificación das actividades.
Este proxecto entra dentro do desenvolvemento do programa de educación familiar do Concello de Rodeiro e interrelaciónase con outros proxectos como o de Educación para a Saúde.