O Sr. alcalde en funcións asinou no día de hoxe a convocatoria de sesión extraordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro sábado día 31 de xaneiro de 2009, ás 12 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte :
Único.- Modificación do acordo de aprobación provisional do plan xeral de ordenación municipal(PXOM) do concello de Rodeiro e aprobación de novo documento refundido no que se dá cumprimento ao disposto na orde do 26 de febreiro de 2008 da consellería de política territorial, obras públicas e transportes.
Previamente, ás 11 horas da mañá, celebrarase o sorteo público para a designación dos compoñentes das mesas electorais do municipio para as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia do día 1 de marzo de 2009