Skip to main content
Novas

“Un árbol por Europa”

By 23 Abril, 2021No Comments

Coincidindo co Día da Terra, o Concello de Rodeiro súmase á campaña “Un árbol por Europa”.

“Un árbol por Europa” é unha iniciativa posta en marcha pola organización Equipo Europa e a Oficina do Parlamento Europeo en España.

O obxectivo desta campaña é incrementar a conciencia social sobre a sostibilidade no ámbito local, e recoñecer o papel da mocidade na consecución da sostibilidade.

Con este obxectivo, como acto simbólico, o alcalde Rubén P. Quintá e a concelleira de medio ambiente Belén Calvo, plantaron dúas árbores no parque situado xunto ao río Rodeiro.