Día das letras galegas 2021 Velaísca, Antía Vázquez Figueiras presenta “Estas cartas teñen moito conto. Xogando con Xela Arias”

Por 10 Maio, 2021 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo de Velaísca, Antía Vázquez Figueiras, o vindeiro venres 14 de maio ás 18.30 horas na Praza do Parque (se o tempo non o permitise, trasladaríase ao Centro Cultural Municipal) con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Antía Vázquez Figueiras presenta o seu obradoiro creativo “Estas cartas teñen moito conto. Xogando con Xela Arias”. Viaxar ao mundo dos contos dunha maneira diferente onde os seus participantes deberán enxeñarse para buscar un final, inventar unha historia ou adiviñar as ilustracións máis apropiadas ao conto relatado. Iremos acompañados/as en todo momento coas obras e poemas de Xela Arias. Gozar a través de 4 xogos que teñen como nexo en común os contos populares, as cartas ilustradas e a creatividade. Esta actuación está destinada a todos os públicos.

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.

www.velaisca.com