De acordo co establecido nas bases que rexen a provisión dun posto de condutor do camión de recollida do lixo, publícase a listaxe de candidatos admitidos e excluídos.
En vindeiras datas constituirase o tribunal cualificador, quen será, dende ese momento, o órgano colexiado competente para levar a cabo o procedemento de selección e a realización das probas establecidas nas bases. Para a súa realización os aspirantes deberán presentarse provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo, que será valorado polo tribunal. Realizarase chamamento único, polo que os que non se presenten quedarán decaídos no seu dereito, salvo os casos debidamente xustificados que resolverá o tribunal.
As datas de realización das probas publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web cunha antelación suficiente. A título informativo tamén se remitirá a convocatoria das probas á dirección de correo electrónico que os candidatos indicaron na súa solicitude.