O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro venres día 28 de xaneiro de 2011, ás 17 horas da tarde, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1. – Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por facturas adebedadas correspondentes a exercicios anteriores.
2. – Aprobación do expediente de desafectación do dominio público dun tramo de 172 ml (519 m2) do camiño público municipal, referencia catastral 36047a078090060000PA, situado na paraxe coñecida como “romeo”, no lugar de a Latiza, parroquia de Álceme, instado por don José Ramón González Varela, e declaración do terreno resultante como parcela sobrante.
3. – Aprobación do convenio de declaración de intencións entre a empresa ecología de la biomasa s.l. e o concello de rodeiro.para a instalación dunha planta de tratamento de residuos de biomasa.
4. – Resolución da discrepancia en relación ao reparo formulado pola intervención municipal pola concesión dunha gratificación por traballos realizados fóra da xornada laboral a favor do traballador don José Antonio Arias Deza.
5. – Resolución da discrepancia en relación ao reparo formulado pola intervención municipal pola concesión dunha gratificación por traballos realizados fóra da xornada laboral a favor do traballador don José Carballo Suárez.
6. – Moción do grupo municipal do partido popular relativa á elaboración dunha ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, a favor de empresas explotadoras ou prestadoras do servizo de telefonía móbil.
7. – Moción do grupo municipal do partido popular relativa á limpeza e desbroce dun tramo de vía que discorre polo núcleo rural de Barbeitos, na parroquia de Negrelos.
8. – Moción do grupo municipal do partido popular relativa á retirada da axuda de 426 € aos parados de longa duración.
9. – Moción do grupo municipal do partido popular relativa á substitución das sinais que indican a entrada e saída das principais vías do Concello de Rodeiro.
10. – Moción do grupo municipal do partido popular relativa á suba do recibo da luz acordada para o primeiro trimestre de 2011.
11. – Rogos e preguntas.