Con data 24 de xuño do corrente, o alcalde procedeu a conferir delegacións especiais de áreas a favor dos concelleiros que deseguido se sinalan :
− Cati Somoza Calviño : concelleira-delegada de cultura, economía e medio rural.
− Rubén P. Quintá Quintá : concelleiro-delegado de medio ambiente, montes e infraestruturas agrarias.
− Pablo Sobrado Vázquez : concelleiro-delegado de educación, comercio, turismo e patrimonio.
− Ana Belén Calvo Mariño : concelleira-delegada de servizos sociais, emprego e xuventude.
As delegacións comprenden a dirección interna e a xestión dos servizos correspondentes en todo o Concello, excluída a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros.