Mañá sábado día 2 de xullo iníciase a tempada de baño nas piscinas municipais de Rodeiro. O horario de apertura das instalacións será de 12 a 14 horas da mañá e de 15,30 a 20,30 horas da tarde. Os luns e as mañás dos martes non se abrirá ao público por descanso do persoal.
Con motivo da apertura anual das piscinas establécense unha xornadas de portas abertas entre os días 2 e 10 de xullo, ambos incluídos, nas que os usuarios poderán gozar das instalacións de xeito gratuíto sen abonar a correspondente taxa.