Tamén se solicitou a exposición sobre “Dereitos humanos en Mozambique”. O fotoxornalista vigués Adrián Irago gañou en 2016 a terceira edición do certame Imaxes con Fondo, cuxo premio consistía nunha viaxe a Mozambique para retratar a realidade do país e os proxectos de cooperación internacional financiados polo Fondo Galego. Daquela experiencia xurdiu esta exposición, estreada tras a conmemoración do 70º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
https://fondogalego.gal/sensibilizacion/exposicions/dereitos-humanos-en-mozambique/