Skip to main content
Novas

Información pública da instalación do parque eólico “Maxal”

By 9 Marzo, 2021No Comments

Faise público que por Resolución do 5 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, se someten a información pública, por espazo de trinta días, a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a solicitude de declaración de utilidade pública das instalacións do parque eólico Maxal, situado nos concellos de Rodeiro (Pontevedra), Antas de Ulla e Taboada (Lugo), promovido por Galenergy, S.L. (expediente IN408A/2019/40).

Constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos:

  • Proxecto de execución.
  • Estudo do impacto ambiental
  • Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
  • Relación de bens e dereitos afectados.

Durante dito prazo os interesados poderán consultar a documentación na Casa do Concello, en horario de oficina, e presentar, de ser o caso, as alegacións que estimen pertinentes no rexistro municipal.

A resolución e a documentación indicadas están dispoñibles no seguinte enlace:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion?content=expediente_0044.html

DOGA num 44. Anuncios. Resolución do 5 de febreiro 2021 da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (pdf)