Skip to main content
Novas

Consello climático xuvenil

By 8 Marzo, 2021No Comments

A Concellería de Cultura vén de solicitar o curso “Consello climático xuvenil” dentro deste proxecto europeo, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable é o obxectivo do proxecto ‘People & Planet: un destino común’. A implicación directa da mocidade nos problemas ambientais do Concello e na súa resolución é chave neste proxecto, polo que en maio de 2021 catro municipios porán en marcha cadanseu consello integrado por mozas e mozos de entre 15 e 34 anos que asesorarán ao goberno local nesta materia. Persoal especializado encargarase de dinamizar as xuntanzas mensuais, propoñendo un tema de debate e recollendo ideas sobre estilos de vida sostibles. Representantes destes concellos participarán despois nun campamento de mocidade europea en Portugal para elaborar unha guía ao respecto.

https://fondogalego.gal/people-and-planet/