A Deputación de Pontevedra oferta 1.540 prazas nos campamentos de verán Depo Aventura A Lanzada para nenos e nenas da provincia de Pontevedra nados entre os anos 2010 e 2015.
Baixo o nome “A Lanzada, un paseo pola historia”, a Deputación oferta un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, o deporte, a linguaxe de signos, o respecto e coñecemento da natureza e a dinamización e o coñecemento multicultural da contorna. Este ano tamén están previstas actividades co fin de fomentar as vocacións científicas entre as nenas e nenos que participen nos campamentos. Cada grupo visitará a Illa de Ons e o Monte da Siradella.
O programa desenvolverase entre o 25 de xuño e o 9 de setembro en 11 quendas de 7 días de duración cada unha.
O prezo desta actividade é de 110 € por neno/a e 80€ por neno/a en casos de familias numerosas ou monoparentais. Así mesmo, existen prazas gratuítas reservadas para menores en situación de risco ou exclusión social. O Concello de Rodeiro ten adxudicadas 7 prazas, das cales 2 son de inclusión.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.
Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:
https://www.depo.gal/-/depo-aventura-a-lanzada
Para aclarar dúbidas poden chamar ou acudir ao Servizo de Educación Familiar Municipal. Teléfono de contacto: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal