A Deputación de Pontevedra concedeu, por acordo do día 24.01.2023, unha axuda ao Concello de Rodeiro por importe de 120.154,08€ destinada á contratación laboral de 10 desempregados/as para a prestación de servizos de competencia municipal.
Aos efectos do establecido na cláusula quinta das bases específicas que establece a obrigatoriedade de dar publicidade ás axudas concedidas, e para público coñecemento das persoas desempregadas que puidesen estar interesadas, achégase a previsión anual de incorporacións que se van tramitar a través do Servizo Público de Emprego (oficina de emprego de Lalín) nos vindeiros días de acordo co calendario previsto de incorporacións.
Os servizos que se poñerán en marcha coa contratación destas persoas son os seguintes:
1. “Atención á infancia e aos maiores”
2. “Mantemento de servizos básicos municipais”
Calendario anual de incorporacións, tipo de xornada e duración dos contratos (pdf)