O Concello de Rodeiro continúa co programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos e empadroados no noso concello.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante o curso escolar unha vez rematada a xornada lectiva para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
O programa estenderase ata o 21 de xuño, último día lectivo no presente curso 2022/2023 de luns a venres en horario de 16:20h. a 20:20h. de luns a xoves e os venres de 13:50h. a 17:50h.
O lugar de realización das actividades é a Casa da Cultura.
Ata o día 10 de febreiro está de novo aberto o prazo de inscripción. Aqueles menores que xa están inscritos/as no programa anteriormente só terán que renovar a solicitude que se lle facilitará no propio servizo, tal e como xa se lles informou individualmente ás nais e pais. Fóra dese prazo poderanse inscribir nenos e nenas de quedar prazas libres.
Ofértanse 30 prazas.
Na folla de inscrición indicarase os días da semana que vai acudir cada participante.
Dado que existen prazas limitadas, priorizarase ás unidades familiares monoparentais e/ou con mulleres en situación de vulnerabilidade e, en segundo lugar, a aquelas familias nas que ambos membros traballen.
O prezo por participar nas actividades fixarase en base á ordenanza de actividades educativas e irá dende os 20€ aos 40€ en función das horas de asistencia mensuais, con deducións para 2º irmán, familia monoparentais, numerosas, rendas baixas e outras circunstancias especiais.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.